O Campamento

Equipo de animadoresIMG_2833

Os monitores realizarán as actividades do campamento tódolos días e se encargarán do acompañamento e boa marcha tanto do campamento como dos participantes.

Son Titulados en actividades de Tempo Libre e titulados tamén en formación inglesa. Tamén contaremos con monitores europeos de fala inglesa.

Acompañarán e dinamizarán ós participantes non soamente nas actividades, senón tamén noutras cousas tamén importantes: comidas, descanso nocturno, aseo persoal…

Actividades

O resumo de actividades é o seguinte, dividido en tres momentos do día:

  1. Mañás “Use of English”. Actividades de formación lúdica 100% en inglés como, por exemplo: board-games, acting, listening to music, speaking, role-playing, reading, singing, dancing,…
  2. Tardes lúdicas. Actividades con uso maioritario do inglés como, por exemplo: deportes, praia, parque acuático, visitas culturais, actividades na cidade, slackline, obradoiros, karaoke,…
  3. Noites de festa. Actividades nocturnas con uso maioritario do inglés como, por exemplo: ciencia divertida, xogos, geocaching, xincanas, xogos de auga, concursos, rastrexos, baile-discoteca, veladas,…

As súas actividades están deseñadas para practicar a competencia lingüística no inglés sen empregar unha dinámica tradicional de aula

Alimentación

Os rapaces, en pleno desenvolvemento e con gran actividade física, precisan unha dieta sá e variada acorde coa súa idade, por iso o noso campamento de verán ofrece ós nosos participantes unha ampla variedade de menús minuciosamente elaborados polo equipo de cociña do albergue

Destacamos os menús especiais para rapaces celíacos, intolerables á lactosa ou calquera outra alerxia ou intolerancia que nos comuniquedes no momento da inscrición.

Qué inclúe o campamento?IMG_2371

  • Aloxamento no albergue
  • Manutención (almorzo, xantar e cea para os de pensión completa; e solo xantar para os residentes en A Coruña)
  • Material das actividades
  • Desprazamentos durante o campamento
  • Equipo de Monitores titulados as 24 h (un monitor por cada 10 participantes)
  • Director do campamento titulado, as 24 h
  • Coche de apoio

Outros datos

  • O campamento comeza o venres 15 de agosto pola tarde
  • O campamento remata o luns 25 pola mañá, despois do almorzo
  • Os campamento non asume os desprazamentos dende o domicilio do participante hasta a base do campamento, e viceversa

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s